dimecres, 2 de setembre del 2020

cal o prezo da tua posesión?

 

Barcelona. Fotografia: Empar Sáez



cal o prezo da tua posesión?

resistirei:
cando pasen os anos
e fagan do teu corpo unha aparéncia ingrata
penetrarei no alcázar
entre a poeira e o siléncio
e na devastación
beixarei o teu púbis
as pregas do teu manto
e a tua boca dormida acaso me responda

será un rumor tan triste
como a carícia no torso destrozado dunha estátua



Pilar Pallarés, Livro das devoracións
Edicións Espiral Maior, 2009

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada